Galicia por Diante - videopodcast 01-02-2024

Información e tertulia política de 7 a 9.30 con Silvia Pereira e entrevistas, humor e actualidade con Kiko Novoa ata as 2 da tarde

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia por Diante - videopodcast 01-02-2024

Informativo e tertulia política con Silvia Pereira. Esta medianoite comeza a campaña electoral. Falamos cun asesor político. Protestas dos agricultores portugueses na raia galega. Nos 21 días co galego e máis estamos moi concienciados para protexer o planeta e por iso dende o CEIP Pintor Laxeiro de Vigo amósannos unha morea de accións polo clima. Enfermeira Saturada e como protexer os beizos en inverno. A bóla extra e o lavalouza. Entrevista a Alejandro García, cirurxán torácico do CHUAC. Un dos poucos ilustradores médicos que están en activo en Galicia. Acaba de regresar de China onde probou o sistema robótico cirúrxico Shurui. Miolo: os avogados do turno de oficio fan 2 meses en paro indefinido.