'Paco Pestana. O curto voo dun paspallás'

A Fundación Eugenio Granell inaugura a exposición 'Paco Pestana. O curto voo dun paspallás'

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

'Paco Pestana. O curto voo dun paspallás'

A Fundación Eugenio Granell inaugura a exposición 'Paco Pestana. O curto voo dun paspallás' este xoves 1 de febreiro. A mostra está comisariada por Cristina Carballedo e poderá visitarse ata o 31 de marzo. Esta exposición parte de revisitar o proxecto plástico e vital do artista Paco Pestana, a través dunha aposta expositiva que xira arredor de obras, documentación e outros elementos do artista, que se atopan en coleccións particulares tentando amosar a intensa personalidade deste artista nun percorrido pola arte a través da amizade. Non se trata dunha exposición antolóxica senón dun roteiro emocional por pezas de persoas que compartiron amizade, traballo, experiencias ou proxectos co artista.

Presentado por Vituco Neira