'As cordas invisíbeis ', de Aida Saco e Marcos de la Fuente

Os galegos Aida Saco e Marcos de la Fuente presentan 'As cordas invisíbeis' en Nova York

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

'As cordas invisíbeis ', de Aida Saco e Marcos de la Fuente

Esta semana presentouse en Nova York o proxecto 'As cordas invisíbeis', unha creación de dous artistas galegos que viven nos Estados Unidos. Aida Saco Beiroa naceu en Rianxo, pero vive en Nova York. Leva dous anos na prestixiosa Manhattan School of Music cunha beca do Ministerio de Cultura. Por outro lado, Marcos de la Fuente leva cinco anos integrado xa na escena poética de Nova York. Alí organiza eventos culturais e colabora con músicos e poetas americanos. Os dous artistas galegos atópanse en Nova York e unen forza creativa neste proxecto que mestura piano e voz, inspirados polo 'Duende' de Lorca que aínda -din- segue na cidade dos rañaceos.

Presentado por Vituco Neira