O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. O presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, explica no Diario Cultural os actos que están previstos para celebrar o Día de Rosalía. Unha das iniciativas máis destacadas é que, a partir de agora, se mercamos unha obra en lingua galega en calquera librería de Galicia, poderemos recibir un agasallo único para conmemorar o Día de Rosalía. Neste espazo cultural lemos obras de Rosalía e destacamos o seu papel fundamental na historia da literatura galega.