Ver
'Fremosas' é un libro musical que inclúe once cantigas medievais musicadas por Barahúnda e información sobre poemas, trobadores e o contexto da lírica galego-portuguesa. Helena de Alfonso e Jose Lara Gruñeiro formaron o grupo folk Barahúnda en Madrid no ano 1998 e xa incluíron nos seus primeiros discos composicións a partir de cantigas medievais galego portuguesas. Agora dedícanlle a este corpus literario un proxecto completo, co que aspiran a estender o coñecemento e desfrute destas cancións con voz de muller.
Presentado por Belén Regueira