Segredos, enganos e alegres conspiracións

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Festas sorpresa

Hoxe xubilouse o compañeiro Alfonso Cid, da redacción da Radio Galega en Ourense. Escoitastes a sorpresa que lle demos? A vós, gústanvos as festas sorpresa? Facelas? E recibilas? Chegas a casa, canso, con ganas de deitarte... e resulta que che prepararon unha festa do teu 50 aniversario. Como reaccionas? Como reaccionaches cando viches que había 70 persoas coñecidas no local ao que fuches enganado? Algunha vez organizaches unha festa sorpresa? Como reaccionou o protagonista? E sodes capaces de manter o segredo dunha festa sorpresa? Algunha vez desbaratouse todo por alguén que falou de máis? Hai xente que pide explicitamente que non lle fagan festa sorpresa. É o teu caso?