Literatura sueca en galego

Coinciden nas librarías catro obras traducidas do sueco por David Álvarez Martínez

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Literatura sueca en galego

Dous clásicos da novela sueca do século XX: 'O doutor Glas', de Hjalmar Söderberg, que falaba de aborto, eutanasia ou violación dentro do matrimonio a comezos do século XX, e 'O emperador de Portugalia', de Selma Lagerlöf, unha fábula tenra e crúa sobre o amor dun pai á súa filla. O ensaio gráfico 'Na sala dos espellos' é unha das bandas deseñadas de Liv Strömquist, unha autora que mestura socioloxía, filosofía, humor e cultura pop para falar de feminismo, narcisismo e a ditadura da beleza nos tempos de Instagram. O álbum ilustrado infantil 'A última fronteira' é unha obra de Cecilia Heikkilä no que un osiño e o seu avó comparten unha aventura que celebra a natureza e as paisaxes salvaxes.

Presentado por Belén Regueira