Convivir 07-02-2024

Galicia Abriga, Galicia Vive, afiliacións á Seguridade Social con Isabel Neira e os Premios Empréganos

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Convivir 07-02-2024

Achegamos dúas novas iniciativas en Galicia. Por unha banda, o primeiro programa galego de acollida temporal a mulleres defensoras dos dereitos humanos que se ven ameazadas nos seus países de orixe. Trátase de 'Galicia Abriga'. Tamén falamos do grupo de axuda entre familias que perderon a un ser querido, vítima do suicidio: 'Galicia Vive'. Coa nosa experta Isabel Neira falaremos das afiliacións á Seguridade Social e, especialmente, das axudas que hai para autónomos. Ademais, abordaremos a entrega dos Premios Empréganos a empresas comprometidas coa inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental.

Presentado por Águeda Penedo