Amigos que se cren médicos

Eses grandes amigos e amigas que nos diagnostican enfermidades.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Amigos que se cren médicos

Todo o mundo ten un amigo que diagnostica enfermidades e, se non o tes, entón é que es ti. Quen é esa persoa que, cando vos queixades dunha dor, sempre sabe de que é? Cantas veces ese amigo vos receitou un medicamento que a el lle funcionou moi ben? Esa amiga, acerta ou non dá unha? A pregunta clave é: facedes caso destes amigos que diagnostican e receitan? Ides ó médico e logo pedídeslle unha segunda opinión aos vosos amigos? Falamos dos amigos e familiares que teñen moitísimos coñecementos médicos. Os médicos farían unha carreira, pero os nosos amigos teñen unha traxectoria vital que os acredita.