"Diversidades acolle" e a atención de persoas migrantes

O labor desta asociación viguesa pola igualdade de oportunidades

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

"Diversidades acolle" e a atención de persoas migrantes

Achegámonos a Vigo, concretamente á rúa García Barbón, para coñecer o traballo diario da asociación "Diversidades acolle". Esta entidade naceu hai once anos e dende entón leva loitando pola promoción dos dereitos e a igualdade de oportunidades das persoas migrantes, sexa cal sexa a súa orixe. O seu director é Santiago Avión.