Ver
Falamos con Paula González, unha rapaza que fai de todo e, de feito, ten live show do seu podcast o próximo 1 de marzo na Coruña. Tamén descubrimos as portas de deseño para as estruturas dos mobles de IKEA. Ademais, Mikel Santiago está presentando ‘El hijo olvidado’, a súa última publicación e conversamos con el. O doutor Norberto Proupín fálanos da rotura de cadeira e o formador en ciberseguridade Iván Carril séguenos dando recomendacións para evitar ataques informáticos. Para pechar falamos con Beatriz Echavarren Vázquez, irmá de Rafael (Vasco), que sobreviviu ao accidente dos Andes e resistiu 37 días na fuselaxe.
Presentado por Antón Rebollido