Arsénico, códices e mensaxes secretas

As investigacións de Lucía Pereira

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Arsénico, códices e mensaxes secretas

Lucia Pereira é unha detective das cores. Esta actual investigadora Ramón y Cajal do INCIPIT-CSIC participou no proxecto MINIARE que estudou as iluminacións de centos de códices medievais europeos. Grazas as técnicas avanzadas non destrutivas conseguiron analizar os materiais, identificar autores e mesmo atopar falsificacións. Pereira tamén empregou estas técnicas na análise do telegrama do Titanic ou para ler as mensaxes secretas do traidor Guy Faukes. Noutra liña de investigación puxo en marcha o Museo de Invisible de recuperación de patrimonio galego deteriorado. Un primeiro exemplo é a reconstrución da foto da actriz galega do século XIX Manuela Rey para a produción do Centro Dramático Galego "Manuela Rey is in da House" dirixida por Fran Núñez.

Presentado por Manuel Vicente