Bad Bunny ou Feid cantando letras de Rosalía de Castro

O proxecto que fai isto posible chámase ROSAL.IA

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Bad Bunny ou Feid cantando letras de Rosalía de Castro

No IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa desenvolveron na aula un proxecto para homenaxear a figura de Rosalía de Castro a partir de diferentes ferramentas de Intelixencia Artificial. ROSAL.IA é un proxecto de Miguel Rodríguez (Miguelinho) e Hugo Costa (Huguito), alumnos de 1º de Bacharelato do IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa) que, utilizando a Intelixencia Artificial (IA), desenvolveron un traballo que ten como obxectivo divulgar a figura dunha icona da literatura galega, Rosalía de Castro, a través de iconas da cultura pop actual.

Presentado por Antón Rebollido