Este episodio de Raizame titúlase 'Trece cancións bonitas'. O nome tómase prestado do álbum de Germán Díaz e Benxamín Otero. Soan trece artistas que traen eses temas que adoitamos catalogar como "bonitos" pola súa sensibilidade e dozura na composición.