Chapuzas

Julio César inventou o 29 de febreiro. Ao ano sobrábanlle horas e fixo unha chapuza: engadir un día cada catro anos.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Chapuzas

Hoxe foi un día que só vivimos cada catro anos: 29 de febreiro. Julio César inventou o 29 de febreiro. Ao ano sobrábanlle horas e fixo unha chapuza: engadir un día cada catro anos. Con este truquiño chapuceiro, solucionouse o problema das horas que sobraban. Non imos criticar a Julio César por facer chapuzas... Nós seguro que tamén as facemos. Tedes cousas que, por non arranxar ben, ides solucionando cunha chapuza? Ese moble que está coxo e calzades cun cacho de papel... A cisterna que solta pingas a non ser que manteñades pulsado o botón moito tempo. Esa persiana que non funciona ben e que tedes sempre aberta por non amañala. Hai cousas que poderían amañarse, pero nós preferimos capear o temporal cunha chapuza. Os oíntes faláronnos desas chapuciñas caseiras coas que evitan arranxar as cousas. Preferides pequenos remendos ata que non se pode máis ou atacades o problema de raíz?