Quita os zapatos, fai o favor

Os oíntes cóntannos que importancia lle dan a quitar os zapatos na casa

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Quita os zapatos, fai o favor

Descalzádesvos nada máis chegar a casa? Hai países onde está moi mal visto andar na casa cos zapatos que levas pola rúa. Aquí non somos moi radicais co asunto. Quitades os zapatos nada máis chegar a casa ou camiñades algo pola casa antes de facelo? Poñedes pantuflas ou andades descalzos pola casa? E que pasa cos convidados que veñen de fóra? Algunha vez vos pediron descalzarvos en casa allea? Falamos dos nosos costumes á hora de camiñar pola casa: zapato, pantufla ou calcetín?