Convivir deportivo - Rairiz de Veiga

O Colexio Carlos Cid Arregui, protagonista, pola súa actividade deportiva.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Convivir deportivo - Rairiz de Veiga

No ano 1975 creouse o Colexio Nacional Rairiz de Veiga. Clara Novoa Novoa foi a primeira directora dun centro que era o que tiña o maior número de alumnos e alumnas da Limia. Carlos Cid Arregui foi o seguinte dous anos máis tarde. Ángeles Fernández é a actual directora e Xurxo García o profesor de Educación Física. O colexio-con 58 nenos e nenas e 11 profesores-participa en varios proxectos de centro como Xogade, Contratos Programa: inclúe " Emociónate, convívete e iguálate" e é centro Plurilingüe desde o 2019. A súa actividade deportiva e moi variada. Xa é tradición na Limia o Campionato de Campo a Través. Pero hai máis deportes como Escalada, bádminton, baloncesto e mesmo unha carreira de Orientación. No programa estivo Pilar Álvarez, ex profesora do centro durante 35 anos. Tamén participou o profesor Delfín Caseiro, autor do libro " Romaría da Saínza".