"Non foi un partido completo, pero gañamos".

Pablo Durán comentou as claves da vitoria do Celta Fortuna en Salamanca

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

"Non foi un partido completo, pero gañamos".

O Celta Fortuna sumou a segunda vitoria consecutiva, recupera as sensacións da primeira volta e continúa en postos de ascenso á Segunda División Profesional. Tras o triunfo no Reina Sofía ante o Unionistas, o dianteiro Pablo Durán atendeu a chamada de "Galicia en goles" para analizar o sucedido durante os 90 minutos. O futbolista marcou o gol da tranquilidade, o 0-2. Curiosamente nin comezou, nin rematou o encontro, porque a sua entrada producíuse no minuto 22 pola lesión de Dani González e abandonou o céspede no minuto 90 para que debutase Miguel Conde.