"Onde xogarei a próxima temporada? Non depende de min"

José Fontán, xogador do Celta cedido ao Cartaxena pasou polos micros da Radio Galega

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

"Onde xogarei a próxima temporada? Non depende de min"

Fontán converteuse en peza chave no resurxir do equipo murciano, próximo rival do Racing de Ferrol, e incluso estivo entre os tres nomeados a xogador do mes da categoría no pasado febreiro. O de Vilagarcía, con contrato en vigor co Celta de cara á próxima temporada, tamén se referiu a situación do equipo vigués e o que significaría para el volver xogar cos celestes na primeira división. “Non lle dou moitas voltas ao que pode pasar na próxima temporada, é algo que non depende de min e por tantossó me centro en facer as cousas ben en Cartaxena”. “Ao afeccionado do Celta gústalle ver xogadores canteiráns no campo. Que despois de 15 anos o Celta presentase un 11 sen canteiráns é un dato impactante”