Mellor que sobre e non que falte!

Coñeceuse o caso dun alemán que se vacinou 217 veces contra a Covid.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Mellor que sobre e non que falte!

O alemán parece un pouquiño esaxerado, verdade? O de "canto máis, mellor" non sempre é verdade. Hai xente que quere facer as cousas ben e váiselle a man... Dixéronvos que camiñar é bo e facedes 30 quilómetros ó día? En que cousas tedes comportamentos compulsivos ou esaxerados? Preparades comida de máis porque mellor que sobre a que falte? Mercádeslle roupa grande ós vosos nenos porque así lle queda para as medras? Hoxe comprobamos como son de esaxerados os nosos oíntes. Entre a nosa audiencia hai moita xente que defende o de "burro grande, ande ou non ande".