Convivir deportivo - As Neves

Club Badminton "As Neves"

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Convivir deportivo - As Neves

O Club Bádminton As Neves foi creado no ano 2000 polo profesor Manuel Guitián Seijido que traballaba neste proxecto desde o 1997. Raúl Puga e Diana Rodríguez foron os seguintes presidentes ata o actual, Erundino "Lucho" Rodríguez. O seu crecemento foi apoteótico. Hoxe en día ten 110 xogadores e xogadoras, moitos deles entre os 10 mellores do ranking nacional e varios internacionais nas diversas categorías. Interveñen: Lucía Rodríguez, conseguiu un ouro histórico no Campionato de Europa Sub 19, sendo a primeira xogadora nacional en conseguilo en toda a historia. Pablo Méndez, licenciado en INEF, é o actual Director Deportivo. No programa participaron Rodrigo Sanjurjo e Andoni Azurmendi, presidentes da Federación Galega e Española, respectivamente.