'Fobias', Carlos Labraña

Os medos máis ocultos dos pacientes dun psiquiatra

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

'Fobias', Carlos Labraña

Un home achégase á consulta dunha psiquiatra, non moi convencido, para curar un problema que padece. Pola dificultade do caso, a doutora decide iniciar un tratamento a través da hipnose. Así descobre os medos máis ocultos do doente. Como dramaturgo, Labraña deuse a coñecer pola súa celebrada produción teatral para público infantil e familiar. Logo, a súa inquedanza foi medrando cara o ámbito social e creou textos sobre os abusos a menores, os refuxiados, a crise económica ou a igualdade de xénero, abrazando a realidade máis actual. En tódolos campos, a súa obra acadou recoñecemento e premios. Zé Paredes dirixe a Mónica Caamaño e a Xosé Barato na dramatización de Fobias.

Autor: Carlos Labraña