Memorizar cousas inútiles?

No día do número pi preguntámonos: algunha vez aprendestes de memoria o número? en que decimal quedastes?

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Memorizar cousas inútiles?

No día do número pi, o 3,14159265358979323846… preguntámonos: algunha vez aprendestes de memoria o número? en que decimal quedastes? Antes na escola aprendíanse de memoria algunhas cousas que non se sabe moi ben para que serven. Que ladaíñas tivestes que aprender de memoria e agora continúan ocupando sitio no voso cerebro? Tedes facilidade para memorizar cousas? Ou tedes memoria de peixe? Tedes algún truco para memorizar cousas importantes? E por que será que as cousas que non son relevantes nos quedan gravadas para sempre? Falamos cos oíntes da súa capacidade para memorizar cousas. Esa ladaíña que aprendestes e non ten utilidade, hoxe serviu para que a xente participara no programa.