Hugo Sotelo "Chegamos ao parón con ilusión e ambición"

O canteirán analizou a vitoria olívica no Sánchez Pizjuan

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Hugo Sotelo "Chegamos ao parón con ilusión e ambición"

"Adestrador novo, vitoria segura" Así reza o refrán e así o cumpriu Claudio Giráldez na súa estrea coma técnico do primeiro equipo do Celta. O trunfo do equipo vigués a domicilio ante o Sevilla afasta o descenso a cinco puntos. Hugo Sotelo foi, xunto a Hugo Álvarez, unha das novidades máis destacables no once inicial. Tralo encontro falou no Galicia en Goles da vitoria, a importancia de marchar ao parón sumando tres puntos e a ledicia de contar con Giráldez coma técnico do club.