"Disputar estas clásicas é un soño cumprido para min".

Entrevista con Carlos Canal, que vén de disputar a Milán-San Remo, o primeiro dos cinco grandes

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

"Disputar estas clásicas é un soño cumprido para min".

O de Xinzo xa correu o primeiro dos cinco momumentos do calendario ciclista internacional. Na súa temporada de estrea no Movistar o ciclista galego está a debutar nas clásicas máis importantes. Tras a proba do pasado sábado, este próximo fin de semana estará na proba de Gante e , en principio , tamén estará no Tour de Flandes, Amstel Gold Race e Lieja-Bastogne-Lieja. Canal márcase coma obxectivo para este ano 2024 poder inaugurar o seu palmarés de vitorias no ciclismo profesional tras estar moi preto no pasado Gran Camiño onde rematou segundo na etapa que finalizou en Ribadavia.