Convivir 19-03-2024

Protección dos menores no ámbito dixital. Terapia con cans para nenos hospitalizados

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Convivir 19-03-2024

Falamos co director da asociación "Dale una Vuelta" das medidas que cómpre implantar para protexe-los menores dos perigos do ámbito dixital: acoso, pornografía, adicción... A presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca, explícanos a terapia con cans que o CHUS lles vai ofrecer aos nenos hospitalizados. Da man da xerente da Fundación San Rafael, Dolores Estrada, coñeceremos a campaña "Quitamos a bata...por ti e por min" dirixida a formar a coidadores de enfermos de parkinson. A nosa tecnóloga de cabeceira, Laura Castro, danos as últimas noticias sobre a regulación da Intelixencia Artificial.

Presenta Águeda Penedo