"A miña prioridade é seguir no Celta a próxima temporada"

Claudio Giráldez valorou como viviu esta primeira semana como máximo responsable do cadro vigués.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

"A miña prioridade é seguir no Celta a próxima temporada"

Dixo estar agradecido aos xogadores e alleo as louvanzas que recibiu tras estrearse cunha vitoria no Sanchez Pizjuan ante o Sevilla. Giráldez, que remata contrato o próximo 30 de xuño, tamén falou da súa renovación que espera que se concrete nas próximas datas, aínda que destacou que neste momento interesa poñer o foco na situación do equipo e saír canto antes dos postos perigosos da clasificación. Recoñeceu ter recibido máis de 1.200 mensaxes tras o seu triunfal debú co primeiro equipo e destacou facerlle especial ilusión a que recibiu do ex adestrador do conxunto vigués ´Chacho´ Coudet.