A selección española de balonmán conseguiu o pase á cita olímpica co cangués Rodrigo Corrales de novo na portería. Estará en París este verán, xunto ao tirador pontevedrés Jose Antonio Saavedra, que ven de gañar a medalla de ouro e bater o récord europeo na Copa do Mundo de Nova Delhi.