Ferrado e medio 24-03-2024

Unha variedade de festas, a chegada do cuco, as franxas de biomasa, a condena da xustiza europea, a nova tempada de pesca ou a Tenreira Galega Suprema Ecolóxica

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Ferrado e medio 24-03-2024

Falamos de varias festas que tiveron e van ter lugar por toda a nosa xeografía. É o caso da da XLIV Feira do Viño de Amandi, en Sober. Tamén da Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá ou a Feira de Maquinaria Agrícola e Produtos Ecolóxicos MAGRECO, en Boimorto. Conversaremos con Guillermo Budiño sobre a chegada do cuco e as anduriñas e con Manuel Dacal sobre o estudo das franxas de biomasa na Barbanza e na Costa da Morte por parte da Federación Rural Galega. Ademais, afondaremos na condena da xustiza europea a España por vulnerar a normativa comunitaria que prohibe a contaminación por nitratos derivada da actividade agrogandeira. Falaremos tamén da nova tempada de pesca fluvial, da campaña para dar a coñecer as "aldeas modelo", da crise da cooperativa láctea Loureiro ou da primeira carne certificada de Tenreira Galega Suprema Ecolóxica, estreada en Alimentaria.

Presentado por Xusto López Carril