Álex Suárez e os irmáns Quintela analizan o derbi galego da ACB

Os protagonistas da zona mixta do Sar consideran xusta a vitoria compostelá

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Álex Suárez e os irmáns Quintela analizan o derbi galego da ACB

O Obradoiro salvou unha primeira bola de partido na loita pola permanencia derrotando ao Breogán no Multiusos Fontes do Sar por 83 a 72. O trunfo permítelles aos de Moncho Fernández saír dos postos de descenso, igualar aos lucenses en vitorias e gañar o average. Tralo encontro, e na segunda despregadura do derbi, pasaron varios protagonistas polos micrófonos da Radio Galega. Tanto Álex Suárez, polo Obradoiro, como os irmáns Sergi e Érik Quintela, polo Breogán, coinciden en sinalar como xusta a vitoria local e en mirar caras diante, centrados nas próximas xornadas da Liga ACB.