Ver
O técnico ourensán lidera a revelación da categoría, o equipo do Carballiño, que con 43 puntos ten a permanencia virtual na categoría agora mesmo. O adestrador recoñeceu que é o momento de ser ambicioso e poder soñar con cotas maiores e que están realizando unha campaña impensable no inicio da mesma. Ademais tamén falou do seu futuro. Remata contrato o 30 de xuño co equipo verde pero a súa prioridade é continuar no Arenteiro a próxima campaña.