Ver
A vitoria no derbi disputado o pasado sábado ante o Breogán deu aire a Obradoiro. Moncho Fernández defendeu as opcións dos seus de cara a acadar a salvación neste final de temporada. Destacou a importancia de estar fóra dos postos de descenso nestes momentos. Está é a temporada número 14 do adestrador de Pontepedriña no Obradoiro e malia as complicacións clasificatorias non cre que sexa a máis difícl das que leva vivido. Ademais expresou o seu desexo de que tanto Obradoiro coma Breogán poidan eludir o descenso en beneficio do basquet galego.