Rubén Domínguez "Non podemos ser hipócritas: o obxectivo é ascender"

O técnico do colider non agocha as cartas do conxunto ourensán

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Rubén Domínguez "Non podemos ser hipócritas: o obxectivo é ascender"

O gol do empate da Arandina ante o Pontevedra no tempo de desconto, que supoñía a perda de dous puntos do ata daquela líder en solitario, serviu de acicate para os futbolistas do Ourense CF, que comezaron o seu encontro ante o Cayón sabendo que, de gañar,. igualarían cos granates na cabeza da clasificación da 2ª RFEF. A vitoria, pola mínima, chegou e, tralo encontro, o técnico Rubén Domínguez quixo ser franco cos obxectivos do equipo ourensán: restan cinco finais e o ascenso directo coma primeiros de grupo é a meta, co Pontevedra e o Zamora CF coma rivais.