“A alimentación nos primeiros mil días é fundamental para saber de que imos enfermar ou morrer”

Rosaura Leis, coordinadora da unidade de gastroenteroloxía e nutrición pediátrica do CHUS

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

“A alimentación nos primeiros mil días é fundamental para saber de que imos enfermar ou morrer”

Almorza coma un rei, come coma un príncipe e cea coma un mendigo. Ou de grandes ceas están as sepulturas cheas. Son ditos da sabedoría popular que dalgún xeito nos tentan dicir que tan importante é o que comemos como cando o comemos. O noso organismo non procesa igual os alimentos segundo os diferentes momentos do día. Unha disrupción nas horas das comidas está relacionada con problemas de obesidade, diferentes enfermidades, dificultades relacionadas co sono ou ata un envellecemento prematuro. A relación entre o que inxerimos e os noso reloxo biolóxico é o campo que investiga a crononutrición.