Ver
O racinguismo, os xogadores, o corpo técnico e o Consello de Administración mantiveron durante meses unha clara directriz: o primeiro obxectivo do equipo era salvar a categoría canto antes. Pois, con nove xornadas aínda por diante, o equipo verde xa chegou á meta. O trunfo pola mínima ante o Elx permite ao Rácing chegar aos 51 puntos e certificar a súa presenza, un ano máis, na división de prata do fútbol español. O autor do gol Nico Serrano pasou pola zona mixta para analizar a vitoria e recoñecer que, agora si, poden buscar cotas máis altas.