background-image

Ricardo Carvalho Calero

Arredor de nós

Ver

A miña lista

Info

Información

Ricardo Carvalho Calero

A guerra civil sorprendeuno en Madrid e Carvalho Calero incorpórase ao exército republicano como oficial. Detido e xulgado en Andalucía, foi condenado a doce anos e un día de prisión. No ano 1941, pode volver a Ferrol, pero a extinción definitiva da pena non sería ata 1951. Inhabilitado para exercer a docencia oficial, no ano 1950 trasládase a Lugo como Director do Colexio Fingoi. Xa en 1965, Carvalho Calero exerce como interino na USC, onde acabaría sendo o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega. Membro da Real Academia Galega, a el se dedicou o Día das Letras 2019 . Autor prolífico, a transcendencia do seu traballo investigador coa súa Historia da literatura galega contemporánea (1963) e a súa Gramática elemental del gallego común (1966) pasarán á historia como fitos da nosa cultura.

Presenta Isabel Freire