Medos a Facenda

Para algúns comeza a época máis terrorífica do ano: a campaña da Renda.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Medos a Facenda

Por que lle temos tanto medo a Facenda? (aínda que non fixeramos nada malo). Cando chama á carteira á vosa porta e ten na man unha notificación de Facenda, que vos pasa polo corpo? Tivestes algunha mala experiencia con Facenda? Reclamáronvos algunha vez algo? Quen tiña razón? Cando tivestes algunha dúbida con Facenda, puidestes resolvela de maneira doada? Moita xente non ten máis remedio que pagarlle a alguén para que lle leve os asuntos con Facenda. Hoxe falamos dos medos e terrores que xorden cando aparece Facenda. Non importa que teñades todo legal, ás veces Facenda dá un sustiño...