Ver
Nin Cristóbal nin o plantel do Rácing de Ferrol quedaron satisfeitos con amosado na noite do venres na súa visita ao Amorebieta. 70 minutos onde foron infinitamente inferiores ao rival, o que supuxo que o encontro fose definido polos protagonistas como o peor, ou un dos peores da temporada. Así o afirmou Sergio Cubero no micrófono da Radio Galega. Aínda así, o xogador verde considera que deben aprender dos erros, mellorar e rematar da mellor maneira posible esta excelente temporada.