Convivir deportivo - Begonte

Ximnasia rítmica e fútbol sala

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Convivir deportivo - Begonte

Club Violeta de Ximnasia Rítmica. Fundado no ano 1993 por Ana Iglesias e a súa familia. En dous anos xa representaron a Galicia no Campionato de España Federado. O club, agora mesmo, conta con 153 ximnastas, 4 adestradoras e 2 colaboradoras. Ana Iglesias, Oscar Bergantiños, David Vilela e Ana Belén López foron os seus presidentes. Paula Iglesias, Tania Gayoso, Paula Rodríguez e Antía Montenegro- actual campioa galega- son algunhas das ximnasta destacadas. Concello de Begonte Fútbol Sala. Creado no 2012, a partir da Asociación Deportiva, Cultural e Recreativa "AS CANICAS "de Begonte. No ano 2017 naceu a Sección Feminina do club. No momento presente, o club ten tódalas categorias, desde Biberón ata Senior onde conta con 3 equipos: Filial masculino, Senior masculino e Senior feminino. Juan Fernández é o actual presidente. O programa fixémolo no C.E.I.P. Plurilingüe " Virxe do Corpiño" de Begonte: 72 nenos e nenas con 12 profesores. Eliseo Jesús Real Franco é o seu director. Un privilexio nas comunicacións, BEGONTE "DO BELÉN" É UN LUGAR IDEAL PARA VIVIR, TRABALLAR E GOZAR.