A profesora de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da UDC, Laura Castro, fálanos da gran fraude que agochaban os supermercados intelixentes de Amazon. Tralas supostas tendas que funcionaban con IA estaban milleiros de traballadores explotados na India. Como contraposición a esta noticia Laura aplaude a iniciativa dun museo de Nova Orleans dedicado á segunda guerra mundial. Ese museo utiliza a IA para que os sobrevivintes do conflito respondan ás preguntas dos visitantes. Ademáis, a profesora comenta a negativa de Elon Musk a obedece-la xustiza de Brasil que lle pediu o bloqueo das contas que difunden bulos, e reflexiona sobre as restricións que un goberno lle pode impoñer a unha rede social que non acata as normas.