Moyano: "Botamos as meigas fóra. Que siga a festa!"

O adestrador do Cangas de balonmán Nacho Moyano pasou polos micros da Radio Galega

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Moyano: "Botamos as meigas fóra. Que siga a festa!"

Os cangueses clasificáronse para a final a oito da Copa do Rei tras derrotar o Ademar León no Gatañal por 29-26. É un fito histórico para o equipo do Morrazo que, por vez primeira, se clasifíca tres anos consecutivos para dita fase final. O adestrador destacou o bo momento do equipo e loou o comportamento de xogadores menos habituais como Elcio Carvalho ou Javi Asurmendi, que onte tiveron un rol máis protagonista.