Galicia por Diante - videopodcast 11-04-2024

Información e tertulia política de 7 a 9.30 con Silvia Pereira e entrevistas, humor e actualidade con Kiko Novoa ata as 2 da tarde

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia por Diante - videopodcast 11-04-2024

Informativo e tertulia política con Silvia Pereira. A veciñanza dunha parroquia do Saviñao descubriu que os datos das súas vivendas, con imaxes incluídas, están expostos nun portal inmobiliario. O concello de Ourense ten desde hai varios anos varias dependencias afectadas polo gas radón, que é nocivo para a saúde. Día internacional do Parkinson, que afecta unhas 13 mil persoas. O Centro Comercial Area Central de Santiago de Compostela leva tentando reiventarse nos últimos anos coa especialización nos outlets. O paralímpico Chano Rodríguez convocou os medios para informar que remata a súa carreira deportiva. Consumíu uns suplementos dos que descoñecía que incorporaban testosterona. Unha inmobiliaria da Coruña publica un video en TikTok no que di que xa non lle paga a pena colgar no escaparate anuncios de alugueiro de vivendas. As vivendas alúganse antes. Especial investidura: segunda xornada, coa intervención dos grupos con representación no Parlamento galego, que responderán ao candidato, Alfonso Rueda.