No día Mundial do Parkinson imos saber algo máis desta enfermidade neurodexenerativa que afecta en Galicia a máis de dez mil persoas. Manuel de Santos ten esta doenza e é membro da xunta directiva de AODEMPER, a Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras. El axúdanos a coñecer algo máis o Parkinson falando da súa experiencia persoal, dos síntomas que padece, e do tratamento que recibe.