Convivir deportivo - Xermade

S.D.C. Roupar, S.D.C. Cabreiros, A.C.D. Xermade e S.D. Cazás

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Convivir deportivo - Xermade

Un caso singular. Catro equipos de fútbol- e un que acaba de desaparecer-en 166 quilómetros cadrados onde viven uns 1.700 xermadeses e xermadesas. Afición Club Rouparés. Fundado o 21 de novembro de 1932. Nos anos 70 do século pasado participou na Liga Nabal da Terra Chá, co nome de SDC Roupar. Unión Sporting Club de Cabreiros, actual SDC de Cabreiros. Constituido, co primeiro nome, no ano 193...( non se pode determinar o ano xusto, pero no 1932 xa estaba rexistrado). O actual SDC Cabreiros participou por primeira vez en competición federada no ano 1987. S.D.Cazás. Fundado no 1975 polo crego da parroquia, Ramiro Pérez. Ata o 2001 participou na Liga da Terra Chá. Foi dado de alta na Federación no ano 2000. C.D.Xermade. Creouse no 1982 e comeza a competir en segunda autonómica. Desfaise no 1985 para volver a refundarse no 1992. No programa participou, desde Pamplona, José Antonio Prieto " Cata", actual secretario técnico do Osasuna, polas súas raíces xermadesas. Un Convivir Deportivo que rematamos cun dos fillos predilectos do Concelllo: Xosé Mouriño Cuba. O outro é Ramón Villares. Un municipio onde as pedras teñen nome a a madeira é arte. Un lugar onde do que se trata é de que " as cabezas non estean valeiras"(R.Villares). XERMADE: O CONCELLO DA INTELIXENCIA RURAL.