Pablo Miragaya "No fútbol gaélico hai moi bo ambiente"

O ex árbitro é o adestrador dos Lorchos de Bealo

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Pablo Miragaya "No fútbol gaélico hai moi bo ambiente"

Cabo de Cruz está sendo o lugar escollido para celebrar unha nova edición da Copa Galicia de fútbol gaélico, unha modalidade que cada vez atrae máis practicantes e na que Galicia e os clubs da nosa comunidade amosan a súa fortaleza. Nese torneo o Galicia en Goles puido conversar con varios dos seus protagonistas, entre eles un vello coñecido do mítico programa deportivo, o ex árbitro de 2ª División B Pablo Miragaya, agora adestrador dos Lorchos de Bealo.