Yago Iglesias "Penso que ata o 4 de maio non se vai decidir o ascenso"

O técnico do Pontevedra cre que terán que loitar ata final de temporada co Ourense CF

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Yago Iglesias "Penso que ata o 4 de maio non se vai decidir o ascenso"

O Pontevedra CF segue líder do grupo I da 2ª RFEF tras empatar a dous no Vero Boquete ante a SD Compostela. A pesar de ver reducida a súa vantaxe co Ourense CF en dous puntos, o técnico Yago Iglesias deu por bo o resultado tendo en conta que estivo por dúas veces por debaixo no marcador. O técnico de Palmeira non quere menosprezar a ningún equipo da categoría, cre que perderán puntos todos os equipos e que Ourense CF e granates loitarán ata a última xornada por ese posto de ascenso directo.