O xornalista Fernando Salgado é o autor do libro "Que miras?" o relato da vida de Susi Maquieira, unha muller que ten acondroplasia, unha anomalía xenética que afecta ao seu crecemento. Salgado axúdanos a coñecer este problema a través do retrato de Susi, un exemplo de superación e optimismo vital.