O Galicia en Xogo centrado no rugbi e no fútbol americano

O Crat Coruña, o Vigo Rugby e Celia Muras

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

O Galicia en Xogo centrado no rugbi e no fútbol americano

A Coruña e Vigo son protagonistas no rugbi. O Crat vai camiño de Alcobendas para xogar a final da Copa Federación ante o Majadahonda. No Galicia en Goles, na sección de Galicia en Xogo, conversaron co adestrador Pablo Artime. Pola súa banda en categorías inferiores (menos de 18 anos) Vigo conseguiu o título a pasada fin de semana. Charli del Campo é o delegado territorial e tamén pasou polo espazo deportivo da Radio Galega. Xa para rematar a sección, o fútbol americano adquiriu protagonismo. A selección española gañou o Europeo da modalidade ante Gran Bretaña coa galega Celia Muras formando parte do combinado nacional.