50 anos do 25 de abril

As músicas e as voces máis significativas no aniversario da Revoluçao dos Cravos

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

50 anos do 25 de abril

Celebramos o 50 aniversario do 25 de abril, unha data sinalada no calendario portugués dende o 1974, ano desta Revolução dos Cravos. Facemos un percorrido musical, falando das 2 cancións que foron protagonistas ese día, así coma das músicas e voces que marcaron os anos anteriores e posteriores á Revolução. Os máximos expoñentes da canción protesta: Fausto, José Mario Branco, Sérgio Godinho, Zeca Afonso, etc. Tamén de Amália, amada por uns e detestada por outros, o papel que xogou. E vimos ata o futuro, ata voces actuais, principalmente de mulleres, que tamén cantan no 25 de abril, destaca o novo single de Ana Bacalhau, unha composición que fixo A Garota não para ela e que resulta unha homenaxe para todas aquelas mulleres que fixeron camiño en silencio para darnos a liberdade ás xeracións futuras.

Presentado por MJ Pérez