Os MIR que escollen ser médicos de familia fano por vocación

Cristina Barbazán podía escoller moitas especialidades pero a vocación levouna á atención primaria

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Os MIR que escollen ser médicos de familia fano por vocación

Nestes momentos só se cubriron en Galicia 21 prazas de MIR na especialidade de medicina de familia 63 que se ofertaban. Quixemos, así, saber que é o que bota para atrás aos estudantes que non a escollen e que é o que bota para adiante aos que semellan "raros" por escollela. Cristina Barbazán, podendo escoller moitas especialidades, fai un ano decantouse, sen dubidalo, por medicina de familia. Cóntanos que o tivo claro nos últimos anos de carreira e que o que máis lle gusta desta rama é o contacto e relación directa cos pacientes.

Presentado por Antón Rebollido